WhatsApp
Saltar al contenido
Eurekademy

Examen de Física de selectividad — Galicia 2023

Examen oficial de Física de la selectividad (PAU/EBAU) de Galicia, convocatoria 2023: enunciado completo, solución y descarga en PDF.

Practica un simulacro de Física

Enunciado del examen

FÍSICA

Ejercicio 1 (PREGUNTA 1 · 2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

1.1. Algúns átomos de nitróxeno (7N14_{7}N^{14}) atmosférico chocan cun neutrón e transfórmanse en carbono (6C14_{6}C^{14}) que, por emisión β, se converte de novo en nitróxeno. Neste proceso: a) emítese radiación gamma; b) emítese un protón; c) non pode existir este proceso xa que se obtería 5B14_{5}B^{14}.

1.2. Se o peso dunha masa m na superficie dun planeta esférico de raio r vale 80 N, o peso desa mesma masa m na superficie dun novo planeta esférico de raio 2r será: a) 20 N; b) 40 N; c) 160 N. (Nota: a densidade dos dous planetas é a mesma).

Ejercicio 2 (PREGUNTA 2 · 2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

2.1. A relación entre o módulo do campo magnético B1B_1 creado por unha corrente rectilínea indefinida I nun punto situado á distancia perpendicular r do condutor e o B2B_2 creado por outra corrente 2I nun punto situado á distancia 3r, B1/B2B_1/B_2, é: a) 2/3; b) 9/2; c) 3/2.

2.2. A teoría ondulatoria de Huygens sobre a natureza da luz vén confirmada polos fenómenos: a) reflexión e formación de sombras; b) refracción e interferencias; c) efecto fotoeléctrico e efecto Compton.

Ejercicio 3 (PREGUNTA 3 · 2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

3.1. Sobre a mesa, na dirección horizontal, colocamos unha espira (bobina) e no seu interior situamos un imán en forma de barra cos seus polos norte e sur na dirección vertical. Ao achegar/afastar unha barra de ferro cara ao interior da espira, na espira: a) indúcese unha corrente eléctrica; b) non se induce corrente; c) non se ten información suficiente para saber se se induce corrente eléctrica.

3.2. Un motor produce un nivel de intensidade sonora de 80 dB. A potencia que ten o ruído do motor se está situado a 2 m é: a) 500 mW; b) 50 mW; c) 5 mW. DATO: Io=10−12I_o = 10^{-12} W m−2^{-2}.

Ejercicio 4 (PREGUNTA 4 · 2 puntos)

Desenvolva esta práctica:

Ao iluminar a superficie dun metal con luz de lonxitude de onda 280 nm, a emisión de fotoelectróns cesa para un potencial de freado de 1,3 V. a) Determine a función traballo do metal e a frecuencia limiar de emisión fotoeléctrica. b) Represente a gráfica enerxía cinética – frecuencia e determine o valor da constante de Planck a partir da dita gráfica.

DATOS: h=6,63×10−34h = 6,63 \times 10^{-34} J s; c=3×108c = 3 \times 10^8 m s−1^{-1}; ∣qe∣=1,6×10−19|q_e| = 1,6 \times 10^{-19} C.

Ejercicio 5 (PREGUNTA 5 · 2 puntos)

Resolva este problema:

O Sentinel-1 é un satélite artificial de órbita circular polar da Axencia Espacial Europea dentro do Programa Copérnico destinado á monitorización terrestre e dos océanos. Está situado a 693 km sobre a superficie terrestre. a) Cantas voltas dá á Terra cada día? b) Que velocidade houbo que proporcionarlle no lanzamento para poñelo en órbita?

DATOS: G=6,67×10−11G = 6,67 \times 10^{-11} N m2^2kg−2^{-2}; MT=5,97×1024M_T = 5,97 \times 10^{24} kg; RT=6,37×106R_T = 6,37 \times 10^6 m.

Ejercicio 6 (PREGUNTA 6 · 2 puntos)

Resolva este problema:

Nunha rexión do espazo na que hai un campo eléctrico de intensidade E⃗=6×103i^\vec{E} = 6 \times 10^3 \hat{i} N C−1^{-1} colga, dun fío de 20 cm de lonxitude, unha esfera metálica que posúe unha carga eléctrica de 8 μC e ten unha masa de 4 g. Calcule: a) o ángulo que forma o fío coa vertical; b) a velocidade da esfera cando pasa pola vertical ao desaparecer o campo eléctrico.

DATO: g⃗=−9,8 j^\vec{g} = -9,8\, \hat{j} ms−2^{-2}.

Ejercicio 7 (PREGUNTA 7 · 2 puntos)

Resolva este problema:

Unha onda propágase no sentido positivo do eixo X cunha velocidade de 20 m s−1^{-1}, unha amplitude de 0,02 m e unha frecuencia de 10 Hz. Determine: a) o período e a lonxitude de onda; b) a expresión matemática da onda se en t = 0 s a partícula situada na orixe está na posición de máxima elongación positiva.

Ejercicio 8 (PREGUNTA 8 · 2 puntos)

Resolva este problema:

Un obxecto de 4 cm de altura está situado 20 cm diante dunha lente delgada diverxente de distancia focal 12 cm. a) Determine a posición e o tamaño da imaxe. b) Debuxe un esquema (marcha de raios) coa posición do obxecto, a lente e a imaxe.

¿Prefieres practicarlo de verdad?

Genera un simulacro cronometrado de Física, corregido al momento por IA.

Practica un simulacro de Física

¿Preparas Física para selectividad? Un profesor particular te ayuda a dominar los criterios de corrección de tu comunidad. Tu primera clase, al 50%.