WhatsApp
Saltar al contenido
Eurekademy

Examen de Física de selectividad — Galicia 2022

Examen oficial de Física de la selectividad (PAU/EBAU) de Galicia, convocatoria 2022: enunciado completo, solución y descarga en PDF.

Practica un simulacro de Física

Enunciado del examen

FÍSICA

O exame consta de 8 preguntas de 2 puntos, das que poderá responder un MÁXIMO DE 5, combinadas como queira. Se responde máis preguntas das permitidas, só serán corrixidas as 5 primeiras respondidas.

Ejercicio 1 (2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

1.1. Onde se atopará o punto no que se anulan as intensidades de campo gravitatorio da Lúa e da Terra?: a) no punto medio entre a Terra e a Lúa; b) máis cerca da Terra; c) máis cerca da Lúa.

1.2. Un vehículo espacial afástase da Terra cunha velocidade de 0,5 c. Dende a Terra envíase un sinal luminoso e a tripulación mide a velocidade do sinal, obtendo o valor: a) 0,5 c; b) c; c) 1,5 c.

Ejercicio 2 (2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

2.1. Explique que se pode dicir de catro cargas iguais situadas nos vértices dun cadrado que son abandonadas libremente nesa posición: a) están en equilibrio estable; b) móvense cara ao centro do cadrado; c) sepáranse cada vez máis rápido.

2.2. Un raio de luz incide dende un medio transparente sobre unha lente semicircular polo seu eixe. Se ao entrar na lente o raio se afasta da normal: a) é imposible; b) a lente está mal construída; c) o medio que rodea a lente ten maior índice de refracción ca esta.

Ejercicio 3 (2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

3.1. Unha espira metálica é percorrida por unha corrente eléctrica que diminúe no tempo. Na espira: a) indúcese unha corrente eléctrica que ten o sentido contrario ao da corrente inicial, opoñéndose a esta; b) non se induce corrente eléctrica ningunha; c) indúcese unha corrente que ten o mesmo sentido que a corrente eléctrica inicial, reforzando o seu valor.

3.2. A masa dun núcleo atómico é: a) maior ca a suma das masas das partículas que o constitúen; b) menor ca a suma das masas das partículas que o constitúen; c) igual á suma das masas das partículas que o constitúen.

Ejercicio 4 (2 puntos)

Desenvolva esta práctica:

Cos datos das distancias obxecto, s, e imaxe, s', dunha lente converxente representados na táboa adxunta:

Nº exp. 1 2 3 4
s (cm) 11,5 12,7 15,4 17,2
s' (cm) 56,0 35,5 23,6 20,1

a) represente graficamente 1/s' fronte a 1/s; b) determine o valor da potencia da lente.

Ejercicio 5 (2 puntos)

Resolva este problema:

Un satélite artificial ten unha masa de 200 kg e unha velocidade constante de 7,00 km·s⁻¹. a) Calcule a altura á que orbita. b) Se nese momento se lle fornece unha enerxía igual á enerxía cinética que xa ten, calcule a que distancia da Terra podería chegar. Datos: g=9,81g = 9,81 m·s⁻²; RT=6,37×106R_T = 6,37\times10^6 m.

Ejercicio 6 (2 puntos)

Resolva este problema:

Un protón cunha enerxía cinética de 4,0⋅10−154,0\cdot10^{-15} J penetra perpendicularmente nun campo magnético uniforme de 40 mT. Calcule: a) o módulo da forza á que está sometido o protón dentro do campo; b) o tipo de movemento realizado polo protón, a traxectoria que describe e o raio desta. Datos: qp=1,6×10−19q_p = 1,6\times10^{-19} C; mp=1,67×10−27m_p = 1,67\times10^{-27} kg.

Ejercicio 7 (2 puntos)

Resolva este problema:

Ao iluminar un metal con luz de frecuencia 2,5×10152,5\times10^{15} Hz obsérvase que emite electróns que poden deterse ao aplicar un potencial de freado de 7,2 V. Se a luz que se emprega co mesmo fin é de lonxitude de onda no baleiro 1,78×10−71,78\times10^{-7} m, o devandito potencial pasa a ser de 3,8 V. Determine: a) o valor da constante de Planck; b) o traballo de extracción do metal. Datos: ∣qe∣=1,6×10−19|q_e| = 1,6\times10^{-19} C; c=3×108c = 3\times10^8 m·s⁻¹.

Ejercicio 8 (2 puntos)

Resolva este problema:

Un altofalante emite ondas sonoras esféricas cunha potencia de 200 W. Determine: a) a enerxía emitida en media hora; b) o nivel de intensidade sonora, en dB, a 4 m do altofalante. Dato: I0=10−12I_0= 10^{-12} W·m⁻².

¿Prefieres practicarlo de verdad?

Genera un simulacro cronometrado de Física, corregido al momento por IA.

Practica un simulacro de Física

¿Preparas Física para selectividad? Un profesor particular te ayuda a dominar los criterios de corrección de tu comunidad. Tu primera clase, al 50%.