WhatsApp
Saltar al contenido
Eurekademy

Examen de Física de selectividad — Galicia 2021

Examen oficial de Física de la selectividad (PAU/EBAU) de Galicia, convocatoria 2021: enunciado completo, solución y descarga en PDF.

Practica un simulacro de Física

Enunciado del examen

FÍSICA

Ejercicio 1 (2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

1.1. Dado un planeta esférico de masa M con raio a metade do raio terrestre e igual densidade que a Terra, a relación entre a velocidade de escape dun obxecto desde a superficie do planeta respecto á velocidade de escape do devandito obxecto desde a superficie da Terra é: a) 0,5; b) 0,7; c) 4.

1.2. A ecuación de Einstein E=mc2E = mc^2 implica que: a) unha masa mm necesita unha enerxía EE para poñerse en movemento; b) a enerxía EE é a que ten unha masa mm cando vai á velocidade da luz; c) EE é a enerxía equivalente a unha masa mm.

Ejercicio 2 (2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

2.1. A unha esfera metálica comunícaselle unha carga positiva. O campo eléctrico: a) aumenta linealmente desde o centro da esfera ata a superficie; b) é nulo no interior e constante no exterior da esfera; c) é máximo na superficie da esfera e nulo no interior.

2.2. Obsérvase que o número de núcleos N0N_0 inicialmente presentes nunha mostra de isótopo radioactivo queda reducida a N0/16N_0/16 ao cabo de 24 horas. O período de semidesintegración é: a) 4 h; b) 6 h; c) 8,6 h.

Ejercicio 3 (2 puntos)

Responda indicando e xustificando a opción correcta:

3.1. Dúas partículas con cargas, respectivamente, Q1Q_1 e Q2Q_2, describen traxectorias circulares de igual raio nunha rexión na que hai un campo magnético estacionario e uniforme. Ambas partículas: a) deben ter a mesma masa; b) deben ter a mesma velocidade; c) non é necesario que teñan a mesma masa nin velocidade.

3.2. No fondo dun recipiente cheo de auga atópase un tesouro. A distancia aparente entre o tesouro e a superficie é de 30 cm, ¿cal é a profundidade do recipiente?: a) 30 cm; b) maior de 30 cm; c) menor de 30 cm.

DATOS: naire=1n_{aire} = 1; nauga=1,33n_{auga} = 1,33.

Ejercicio 4 (2 puntos)

Desenvolva esta práctica:

Nunha experiencia para medir hh, ao iluminar unha superficie metálica cunha radiación de lonxitude de onda λ=200×10−9\lambda = 200\times10^{-9} m, o potencial de freado para os electróns é de 1,00 V. Se λ=175×10−9\lambda = 175\times10^{-9} m, o potencial de freado é 1,86 V. a) Determine o traballo de extracción do metal. b) Represente o valor absoluto do potencial de freado fronte á frecuencia e obteña da dita representación o valor da constante de Planck. DATOS: ∣qe∣=1,6×10−19|q_e| = 1,6\times10^{-19} C; c=3×108c = 3\times10^8 m·s−1^{-1}.

Ejercicio 5 (2 puntos)

Resolva este problema:

En 1969 a nave Apolo 11 orbitou arredor da Lúa a unha distancia media do centro da Lúa de 1850 km. Se a masa da Lúa é de 7,36×10227,36\times10^{22} kg e supoñendo que a órbita foi circular, calcule: a) a velocidade orbital do Apolo 11; b) o período con que a nave describe a órbita. DATO: G=6,67×10−11G = 6,67\times10^{-11} N∙m2^2∙kg−2^{-2}.

Ejercicio 6 (2 puntos)

Resolva este problema:

Por un fío condutor rectilíneo e infinitamente longo, situado sobre o eixe x, circula unha corrente eléctrica no sentido positivo do eixe. O valor do campo magnético producido pola devandita corrente é de 6×10−56\times10^{-5} T no punto A (0, −yA-y_A, 0), e de 8×10−58\times10^{-5} T no punto B (0, +yB+y_B, 0). Sabendo que yA+yB=21y_A+y_B=21 cm, determine: a) a intensidade que circula polo fío condutor; b) o módulo e a dirección do campo magnético producido pola devandita corrente no punto de coordenadas (0, 8, 0) cm. DATO: μ0=4π×10−7\mu_0 = 4\pi\times10^{-7} T·m·A−1^{-1}.

Ejercicio 7 (2 puntos)

Resolva este problema:

Unha onda harmónica transversal de frecuencia 2 Hz, lonxitude de onda 20 cm e amplitude 4 cm, propágase por unha corda no sentido positivo do eixe x. No intre t=0t = 0, a elongación no punto x=0x = 0 é y=2,83y = 2,83 cm. a) Exprese matematicamente a onda e represéntea graficamente en (t=0t = 0; 0<x<400 < x < 40 cm). b) Calcule a velocidade de propagación da onda e determine, en función do tempo, a velocidade de oscilación transversal da partícula situada en x=5x = 5 cm.

Ejercicio 8 (2 puntos)

Resolva este problema:

Un obxecto de 4,0 cm de altura está situado a 20,0 cm dunha lente diverxente de 20,0 cm de distancia focal. a) Calcule a potencia da lente e a altura da imaxe. b) Realice o diagrama de raios e indique as características da imaxe.

¿Prefieres practicarlo de verdad?

Genera un simulacro cronometrado de Física, corregido al momento por IA.

Practica un simulacro de Física

¿Preparas Física para selectividad? Un profesor particular te ayuda a dominar los criterios de corrección de tu comunidad. Tu primera clase, al 50%.