Examen de Química de selectivitat — Galícia 2023
Examen oficial de Química de la selectivitat (PAU) de Galícia, convocatòria 2023: enunciat complet, solució i descàrrega en PDF.
Enunciat de l'examen
QUÍMICA
O exame consta de 8 preguntas, das que poderá responder un MÁXIMO DE 5, combinadas como queira. Cada pregunta vale 2 puntos (1 punto por apartado). Se responde máis preguntas das permitidas, só se corrixirán as 5 primeiras respondidas.
Ejercicio 1 (PREGUNTA 1 · 2 puntos)
1.1. Dados os elementos con números atómicos Z=12 e Z=16, indique razoadamente cal deles terá un maior primeiro potencial de ionización.
1.2. Explique razoadamente se é posible que exista un electrón definido polos números cuánticos (3, 1, 0, 1/2) no elemento de número atómico Z=26.
Ejercicio 2 (PREGUNTA 2 · 2 puntos)
2.1. En base ao modelo de repulsión de pares de electróns da capa de valencia (TRPECV), prediga razoadamente para a molécula de AlCl₃ a súa xeometría electrónica suxerindo o valor aproximado do ángulo de enlace e indique o tipo de hibridación que empregaría o átomo de aluminio na molécula para formar os enlaces correspondentes.
2.2. Explique que tipo de enlace químico debe romperse ou que forza de atracción debe vencerse para:
- fundir cloruro de potasio
- fundir diamante
- ferver auga
Ejercicio 3 (PREGUNTA 3 · 2 puntos)
3.1. Escriba as fórmulas semidesenvolvidas dos seguintes compostos, nomee o seu grupo funcional, e xustifique se algún deles presenta isomería óptica: ácido 3-pentenoico, 2-hidroxipropanal, etanoato de metilo e propino.
3.2. Dadas dúas disolucións, unha de ácido nítrico e outra de HNO₂ (), razoe cal delas terá un pH menor se ambas teñen a mesma concentración inicial.
Ejercicio 4 (PREGUNTA 4 · 2 puntos)
Para a reacción , o valor de a 530 °C. Se reaccionan 2,0 moles de con 2,0 moles de nun reactor de 2 L:
4.1. Calcule a concentración molar de cada especie no equilibrio á devandita temperatura.
4.2. Determine o valor de e razoe como se verá afectado o equilibrio se introducimos no reactor máis cantidade de sen variar a temperatura nin o volume.
Ejercicio 5 (PREGUNTA 5 · 2 puntos)
Pola acción do ácido HCl de riqueza 36% en peso e densidade 1,19 g·mL⁻¹, o óxido de manganeso(IV) transfórmase en cloruro de manganeso(II), obténdose ademais cloro gasoso e auga.
5.1. Axuste as ecuacións iónica e molecular polo método do ión-electrón.
5.2. Calcule o volume de HCl que será necesario para obter 3 litros de cloro gasoso a 25°C e 1 atm de presión.
Ejercicio 6 (PREGUNTA 6 · 2 puntos)
A solubilidade do hidróxido de manganeso(II) en auga é de 1,96 mg/L. Calcule:
6.1. O produto de solubilidade desta substancia e o pH da disolución saturada.
6.2. A solubilidade do hidróxido de manganeso(II) nunha disolución 0,10 M de hidróxido de sodio, considerando que este sal está totalmente disociado.
Ejercicio 7 (PREGUNTA 7 · 2 puntos)
Mesturamos nun vaso de precipitados 25 mL dunha disolución de CaCl₂ 0,02 M con 25 mL dunha disolución de Na₂CO₃ 0,03 M, formándose un precipitado no fondo do vaso.
7.1. Escriba a reacción química que ten lugar, nomee e calcule a cantidade en gramos do precipitado obtido.
7.2. Describa o procedemento que levaría a cabo no laboratorio para separar o precipitado, debuxando a montaxe que empregaría e nomeando o material.
Ejercicio 8 (PREGUNTA 8 · 2 puntos)
Constrúese no laboratorio a seguinte pila galvánica: |Pb(s)|Pb²⁺(ac, 1 M)||Cu⁺²(ac, 1 M)|Cu(s)|.
8.1. Escriba as semirreaccións de oxidación, de redución e a reacción global. Calcule a forza electromotriz da pila.
8.2. Debuxe un esquema da pila, representando as semicelas que actúan como ánodo e como cátodo, detallando material e reactivos, así como o sentido do fluxo dos electróns durante o funcionamento da pila.
Datos: ou ; ; e
Prefereixes practicar-ho de veritat?
Genera un simulacre cronometrat de Química, corregit a l'instant per IA.
Practica un simulacre de QuímicaPrepares Química per a selectivitat? Un professor particular t'ajuda a dominar els criteris de correcció de la teva comunitat. La teva primera classe, al 50%.