WhatsApp
Saltar al contingut
Eurekademy

Examen de Química de selectivitat — Galícia 2021

Examen oficial de Química de la selectivitat (PAU) de Galícia, convocatòria 2021: enunciat complet, solució i descàrrega en PDF.

Practica un simulacre de Química

Enunciat de l'examen

QUÍMICA

O exame consta de 8 preguntas, das que poderá responder un MÁXIMO DE 5, combinadas como queira. Cada pregunta vale 2 puntos (1 punto por apartado). Se responde máis preguntas das permitidas, só se corrixirán as 5 primeiras respondidas.

Ejercicio 1 (PREGUNTA 1)

Conteste a cada unha das seguintes cuestións xustificando a resposta.

1.1. Indique se as moléculas CS₂ e NCl₃ teñen ou non momento dipolar.

1.2. Explique porqué a molécula de cloro é covalente mentras que o CsCl é un composto iónico. Indique unha propiedade de cada composto.

Ejercicio 2 (PREGUNTA 2)

2.1. Para os elementos A, B e C de números atómicos 7, 9 e 37, respectivamente, ordéneos de maior a menor raio atómico e indique cal terá máis tendencia a captar un electrón para formar un anión. Xustifique a resposta.

2.2. Complete as seguintes reaccións químicas orgánicas empregando as fórmulas semidesenvolvidas e indique o tipo de reacción ao que pertencen:

CH₃-CH₂OH + HBr → ______ + H₂O

CH₂=CH₂ + H₂O → ______

CH₃-COOH + CH₃NH₂ → ________ + H₂O

Ejercicio 3 (PREGUNTA 3)

3.1. A ecuación de velocidade dunha reacción é v = k·[A]·[B]²; razoe se as unidades da constante de velocidade son mol⁻¹·L·s.

3.2. Disponse dunha disolución acuosa saturada de CaCO₃ en equilibrio co seu sólido; indique como se verá modificada a súa solubilidade ao engadirlle Na₂CO₃, considerando este sal totalmente disociado. Razoe a resposta indicando o equilibrio e a expresión da constante do produto de solubilidade (Kps).

Ejercicio 4 (PREGUNTA 4)

Nun recipiente de 10 litros introdúcense 2 moles de N₂O₄ gasoso a 50 °C producíndose o seguinte equilibrio de disociación: N₂O₄ (g) ⇄ 2 NO₂ (g). Se a constante Kp a devandita temperatura é de 1,06; calcule:

4.1. As concentracións dos dous gases tras alcanzar o equilibrio e a porcentaxe de disociación do N₂O₄.

4.2. As presións parciais de cada gas e a presión total no equilibrio.

Ejercicio 5 (PREGUNTA 5)

Unha disolución acuosa 0,03 M dun ácido monoprótico (HA) ten un pH de 3,98. Calcule:

5.1. A concentración molar de A⁻ na disolución e o grao de disociación do ácido.

5.2. O valor da constante do ácido (Ka) e o valor da constante da súa base conxugada (Kb).

Ejercicio 6 (PREGUNTA 6)

O dicromato de potasio (K₂Cr₂O₇) reacciona con sulfato de ferro(II), en medio ácido sulfúrico, dando sulfato de ferro(III), sulfato de cromo(III), sulfato de potasio e auga.

6.1. Axuste as ecuacións iónica e molecular polo método do ión-electrón.

6.2. Calcule os gramos de sulfato de cromo(III) que poderán obterse a partir de 5,0 g de K₂Cr₂O₇ se o rendemento da reacción é do 60%.

Ejercicio 7 (PREGUNTA 7)

Mestúranse 20 mL dunha disolución acuosa de BaCl₂ 0,5 M con 80 mL dunha disolución acuosa de CaSO₄ 0,04 M.

7.1. Escriba a reacción química que ten lugar, nomee e calcule a cantidade en gramos do precipitado obtido.

7.2. Nomee e debuxe o material e describa o procedemento que empregaría no laboratorio para separar o precipitado.

Ejercicio 8 (PREGUNTA 8)

Ao valorar 20,0 mL dunha disolución de Ca(OH)₂ gástanse 18,1 mL dunha disolución de HCl 0,250 M.

8.1. Escriba a reacción que ten lugar e calcule a concentración molar da disolución da base.

8.2. Indique o material e reactivos necesarios, debuxe a montaxe e explique o procedemento realizado.

Datos: R= 8,31 J·K⁻¹·mol⁻¹ ó 0,082 atm·L·K⁻¹·mol⁻¹; 1 atm= 101,3 kPa; Kw=1,0·10⁻¹⁴

Prefereixes practicar-ho de veritat?

Genera un simulacre cronometrat de Química, corregit a l'instant per IA.

Practica un simulacre de Química

Prepares Química per a selectivitat? Un professor particular t'ajuda a dominar els criteris de correcció de la teva comunitat. La teva primera classe, al 50%.