Examen de Química de selectivitat — Galícia 2020
Examen oficial de Química de la selectivitat (PAU) de Galícia, convocatòria 2020: enunciat complet, solució i descàrrega en PDF.
Enunciat de l'examen
QUÍMICA
O exame consta de 8 preguntas, das que poderá responder un MÁXIMO DE 5, combinadas como queira. Cada pregunta vale 2 puntos (1 punto por apartado). Se responde máis preguntas das permitidas, só se corrixirán as 5 primeiras respondidas.
Exercicio 1 (PREGUNTA 1)
1.1. Razoando a resposta, ordene os elementos C, F e Li segundo os valores crecentes da súa afinidade electrónica.
1.2. Xustifique se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa: No equilibrio: HSO₄⁻(ac) + H₂O(l) ⇌ SO₄²⁻(ac) + H₃O⁺(ac) a especie HSO₄⁻ actúa como unha base e a molécula de auga como un ácido de Brönsted-Lowry.
Exercicio 2 (PREGUNTA 2)
2.1. Razoe a xeometría que presentan as moléculas de H₂O e CO₂ segundo a teoría de repulsión de pares electrónicos da capa de valencia (TRPECV) e indique o valor previsible do ángulo de enlace.
2.2. Por que a molécula de auga ten o punto de ebulición máis alto e é a máis polar das dúas?
Exercicio 3 (PREGUNTA 3)
3.1. A reacción: 2CO(g) + O₂(g) → 2CO₂(g) é de primeira orde respecto ao osíxeno e de segunda orde respecto ao monóxido de carbono. Escriba a expresión da ecuación de velocidade da reacción e as unidades da constante de velocidade.
3.2. Nomee os seguintes compostos, razoe cales presentan algún tipo de isomería e noméea:
CH₂=CH-CH₃ CH₃-CH₂-CHOH-CH₃ CH₃-CH=CH-COOH CH₃-CHCl-CH₃
Exercicio 4 (PREGUNTA 4)
Introdúcese fósxeno (COCl₂) nun recipiente baleiro de 2 L de volume a unha presión de 0,82 atm e unha temperatura de 227°C, producíndose a súa descomposición segundo o equilibrio: COCl₂(g) ⇌ CO(g) + Cl₂(g). Sabendo que nestas condicións o valor de Kp é 0,189; calcule:
4.1. A concentración de todas as especies presentes no equilibrio.
4.2. A presión parcial de cada unha das especies presentes no equilibrio.
Exercicio 5 (PREGUNTA 5)
Dada a reacción redox: SO₂(g) + KMnO₄(ac) + H₂O(l) → K₂SO₄(ac) + MnSO₄(ac) + H₂SO₄(ac)
5.1. Axuste as ecuacións iónica e molecular polo método do ión-electrón.
5.2. Calcule o volume de SO₂, medido a 1,2 atm e 27 °C que reacciona completamente con 500 mL dunha disolución 2,8 M de KMnO₄.
Exercicio 6 (PREGUNTA 6)
A 25 °C a solubilidade en auga do bromuro de calcio é 2,0·10⁻⁴ M.
6.1. Calcule Kps para o sal á devandita temperatura.
6.2. Calcule a solubilidade do CaBr₂ nunha disolución acuosa 0,10 M de NaBr considerando que este sal está totalmente disociado.
Exercicio 7 (PREGUNTA 7)
2,0 mL dun ácido nítrico do 58 % de riqueza en masa e densidade 1,36 g·mL⁻¹ dilúense en auga ata completar 250 mL de disolución.
7.1. Calcule o volume de disolución de hidróxido de sodio 0,10 M necesario para neutralizar 10 mL da disolución preparada de ácido nítrico, escribindo a reacción que ten lugar.
7.2. Describa o procedemento experimental e nomee o material necesario para realizar a valoración.
Exercicio 8 (PREGUNTA 8)
8.1. Explique como construiría no laboratorio unha pila empregando un eléctrodo de cinc e un eléctrodo de níquel, indicando o material e os reactivos necesarios.
8.2. Indique as semirreaccións que teñen lugar en cada eléctrodo, a reacción iónica global e calcule a forza electromotriz da pila.
Datos: R= 8,31 J·K⁻¹·mol⁻¹ ó 0,082 atm·L·K⁻¹·mol⁻¹; 1 atm= 101,3 kPa; E°(Ni²⁺/Ni) = −0,25 V; E°(Zn²⁺/Zn) = −0,76 V
Prefereixes practicar-ho de veritat?
Genera un simulacre cronometrat de Química, corregit a l'instant per IA.
Practica un simulacre de QuímicaPrepares Química per a selectivitat? Un professor particular t'ajuda a dominar els criteris de correcció de la teva comunitat. La teva primera classe, al 50%.